jueves, 16 de noviembre de 2017

INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

INSTRUMENTOS MUSICAIS

NESTA ENTRADA PODEDES ATOPAR MAPAS CONCEPTUAIS SOBRE A CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ENLACES A VÍDEOS OU OUTRAS PÁXINAS.

 CORDÓFONOS

https://www.thinglink.com/scene/509750779020574721

AERÓFONOS

https://www.thinglink.com/scene/509745748338802689

IDIÓFONOS E MEMBRANÓFONOS

https://www.thinglink.com/scene/920570777609175042

ELECTRÓFONOS

http://www.mariajesusmusica.com/inicio/instrumentos-aerfonos-cordfonos-idifonos-membranfonos-y-electrfonos-vdeos-con-thinglink

 

VUELA VUELA

VÍDEO KARAOKE PARA PRACTICAR ESTA PANXOLIÑA QUE IMOS CANTAR TODO O COLE.


sábado, 22 de octubre de 2016

"POR SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO"
Achégase o mes de Novembro e con el a festa do Magosto. Buxainas, castañas, paseos polo monte, chuva, vento .......e como non a música . Que non falte a música e as cancións do outono para sentir esta nova estación.
E coma todos os anos non vos esquezades de VIVALDI o noso compositor outonal.(+ info)

Déixovos o vídeo da canción deste ano.



sábado, 8 de octubre de 2016

CULTURE CHASERS

 MÚSICAS DE EUROPA 4º E.P
Comezamos un novo proxecto mediante o cal coñeceremos un pouco máis as múscias tradicionais de Europa, os elementos musicais que as fan diferentes ou semellantes nalgúns casos.
 Traballaremos por zonas sendo o noso obxectivo chegar a Polonia onde se atopa o colexio co que imos compartir asexperiencias durante este curso.

Sabedes cal é a situación xeográfica de Polonia?Cal é a súa moeda? etc...


DATOS XERAIS DE POLONIA 

DATOS CURIOSOS

Imos priemeiro ver esta páxina que a continuación vos deixo. Premede enriba do enlace e coñeceredes información musical de Europa: MÚSICAS TRADICIONAIS EUROPEAS.

Bótalle unha ollda a algúns dos vídeos que nos ofrece a páxina e sobre todo fíxate na de Polonia.

A música folclòrica de Polonia amosa moitas variantes.Escoita nestes videos algún exemplo e observa que instrumentos se tocan.MÙSICA TRADIONAL POLACA
Para quen se atreva debaixo tedes o texto en polaco!!!!!

QUEREDES coñecer o seu alfabeto??? é moi interesante e moi difícil!!ALFABETO
No traductor de Google podemos escoitar algunha palabra!!!TRADUCTOR

Que suerte!!! podemos compartir unha presentación que fixo Jennifer a cal lle damos a grazas e que está na rede.Jennifer resume moi ben a múscia de Polonia.


E agora.... toca buscar personaxes importantes deste pais:
  1. MARIE CURIE
  2. COPÉRNICO
  3. FAHRENHEIT
  4. JUAN PABLO II
  5. FREDERIC CHOPIN....Un músico
  6. CATALINA II LA GRANDE
  7. OSCAR SCHINDLER
  8. LECH WALESA 
PREME no enlace de PERSONALIDADES IMPORTANTES e coñecerás algo da súa historia

domingo, 11 de mayo de 2014



Música Programática

A música programática é algo así como a banda sonora dunha idea, impresión ou sentimento do compositor, que habitualmente expresa a súa intención no título, ou facer referencia a un poema, historia ou argumento literario concreto. O máis importante é que a música pretende significar algo máis que sons.
         A música programática é o contrario da Música Pura (ou música absoluta), porque esta última só expresa ideas musicais, non quere representar nin expresar nada da realidade, nin sentimentos nin ideas.Pódese dar de tres formas:  Música Descriptiva, Poema Sinfónico e Música Incidental.
MÚSICA  DESCRIPTIVA
Suxire musicalmente fenómenos da natureza (o mar, tronadas...) ou determinadas situacións.
POEMA SINFÓNICO
Composición para orquestra, cun só movemento (unha parte) que está determinada por algo externo á música (idea extramusical) descriptiva ou poética (un poema, unha idea argumentada..) O seu obxetivo é amoasar musicalmente esa idea ou poema.
MÚSICA INCIDENTAL
A música incidental é a música que se compón para un momento concreto dunha obra de teatro, principalmente. Hoxe en día correspondería a certas bandas sonoras do cine, música composta para unhas determinadas imáxes.
Por exemplo: Vals Triste, de Sibelius.

Imos entón neste terceiro trimestre a descubrir a música que fala sen palabras, a que conta unha historia utilizando só a linguaxe da música: os seus instrumentos, as súas diferentes alturas, duracións, intensidades....en definitiva, a combinación perfecta dos seus elementos para suxerir unha escena determinada, como pequenas bandas sonoras das que vós tendes que recrear as imaxes.

TAREFA A REALIZAR: A continuación ides ver unha listaxe de pezas musicais de música programática. A cada un , ó chou, vaille tocar unha delas.

  1. Temos que escoitar a peza sen ter máis información que o título e autor  . 
  2. Durante a audición temos que imaxinarnos que tipo de escenas , situacións ou ambientación quixo describir o compositor.
  3. A continuación buscaremos información sobre a obra escoitada, para coñecer o argumento ou motivos polos cales o compositor compuso dita música.
  4. Facemos unha ilustración da escena, ambientación ou feito que finalmente descubrimos e recreamos do fragmento escoitado.
O material que se pode utilizar deberá ser variado:diferentes tipos de pinturas, témperas, acuarelas, rotuladores, tecidos, etc......
Valorarase sobre todo o interés en facer ben a tarefa cumplimentando os puntos antes descritos e o bo remate e limpeza do traballo.
Deberase indicar na parte inferior do traballo o nome do compositor e apelidos asi como data de nacemento e morte , e país. Tamén se indicarña o nome da obra e o movemento o que pertenza.
Non vos esquezades de poñer os vosos datos.

Todas as obras teñen un enlace para poder escoitalas sen necesidade de saír do blog

LISTAXE DE OBRAS MUSICAIS  

La historia de  Baba Yaga (M.Moussorgki) 

La gota de lluvia(Chopin)

El aprendiz de brujo (Paul Dukas)

En las estepas del Asia Central (Borodin) 

Una noche en el monte pelado (Mussorgki)

Danza macabra (Saint- Saëns)

Cabalgata de la Walkirias (Wagner)

En la gruta del rey de la montaña (Eduard Grieg)

Zadok el sacerdote (Haendel)

Sinfonía Pastoral (Beethoven)

Obertura 1812 (Tchaikowsky)

Don Quijote (Strauss)

L'arlesienne ( Bizet)

Abdelazer  Suite (Purcell)

La Batalla (Willams Byrd)

La sinfonía fantástica (Berlioz)

El Moldava (Smetana)

Sinfonía de los Juguetes (Leopolod Mozart)

El vuelo del moscardón (Korsakov)

En un mercado Persa (Ketelby)

La primavera (Vivaldi)

Acuario (Saint- Saëns)

Oda a la Alegria (Beethoven)



Para calquera dúbida este é o meu correo electrónico: pilib@edu.xunta.es

 
 

martes, 25 de febrero de 2014