sábado, 11 de diciembre de 2010

CONTOS EN CANTOS

Durante este curso imos facer un pequeno proxecto onde os contos e a música van a ir moi xuntiños.Asi comezaremos cos traballos da editorialOQO que nos ofrece esta colección de contos en cantos e cos que imos aprender contos e a cantalos...!!!!

O primeiro é "CORRE CORRE CABACIÑA" que os nenos/asde 1º de primaria van representar no concerto didáctico do Nadal.Tamén lle contamos o conto os nenos/as de infantil para que participar con nós na representación do conto.
Para ir ensaiando un pouquiño déixovos un video coa canción e o conto.



Tamén temos o conto para traballar na pizarra dixital ou volver a contalo.
É unha presentación do CEIP Santo Paio de Abaixo o que lle damos as grazas por compartilo na rede.

E agora podemos xogar con el,preme enriba da imaxe e verás...!

martes, 7 de diciembre de 2010

O LIÑO E A MÚSICA

Dentro das actividades musicais na educación primaria,temos un espazo adicado a coñecer a nosa cultura galega.Nesta ocasión os alumnos/as de 6º primaria, imos adicarlle algunhas sesións a música relacionada cos traballos do campo e do mar.
Moitas cancións e bailes tradicionais están relacionadas con estas actividades.Adentrarémonos un pouco na forma de vivir  de principios do século XX (1900-1999).
Nesta entrada irei amosando información ou páxinas as que achegarvos para facer os vosos traballos.
Tamén vos irei informando das actividades que realizaremos.
Para comezar e achegarvos a cultura do liño, podedes ver este vídeo.



Os cantos son expresións da xente do pobo.Nos nosos tempos cantamos para divertirnos,porque estamos ledos,ou porque nos gusta.Na época dos nosos avós e bisavós tamén cantaban.Facíanno sobre todo cando remataban unha colleita ou un traballo do campo ou do mar,Tamén o facían nas romarías ou nas festas do ano:entroido,maios,S.Xoan,Nadal...
Aquí tedes algúns exemplos de tipo de cantos:

ALALÁS

Son cantos dilatados, de ritmo libre, de grande fondura. Considérase o alalá, como un dos máis característicos cantos galegos, dunha antigüidade e ascendencia máis remota que o segundo período do canto gregoriano, chamado do apoxeo. O alalá, sen dúbida, é unha das constantes na música galega, cuns  valores estéticos e artísticos innegables e que o convirte nun dos cantos máis fermosos da nosa tradición. 
ALALÁ DAS MARIÑAS 
Teño unha casiña branca
na Mariña entre os loureiros
teño amores, teño barcas
i estou vivindo no ceo !
Ailalelo, ailalalo
 
Adiós á miña casiña
Portelo do meu quinteiro
Auga da miña fontiña
Sombra do meu laranxeiro
Ailalelo, ailalalo
  MUIÑEIRA
- A MUIÑEIRA
     A muiñeira é un dos ritmos máis coñecidos e utilizados en Galicia. Fíxose tan popular que sufríu múltiples variantes, ata chegar a estropealos. O nome de muiñeira pénsase que procede dos bailes que os campesiños facían nos muíños mentres esperaban para recoller a fariña. 
    A cultura galega tivo dende moitos séculos notables coros e corpos de baile que recollían as melodías populares e as danzas campesiñas, mariñeiras, etc. Estas danzas executábanse nas festas das distintas comarcas galegas. A muiñeira é sempre un alarde de ritmo, rapidez e vistosidade. Soe representarse nas romarías galegas,  festas, onde soe haber un ambiente tradicional e recóllese o costumismo popular galego. Unha das muiñeiras máis características de Galicia é o espantallo. É unha danza campesiña, con música popular, o traxe que se utiliza é típico da comarca de Noia e pertence ó século XVIII. Trátase dunha danza inspirada nun espantallo. No medio do baile o espantallo cobra vida para bailar coas mozas. Este baile é en realidade un culto ó sol, ás aguas polas boas colleitas e ó espantallo  que as protexe. Este baile é un dos poucos nos que só bailan as mulleres cun só home, ese home ponse  unha coroza por encima da súa roupa e baila con ela. Outra das muiñeiras que se interpretan moito é a muiñeira de Fraga (provincia de Pontevedra). Bailada por homes e mulleres a principios deste século. Está caracterizada pola roda, común na maioría dos seus paseos e coplas. É de ritmo rápido que permite comprobar a variedade de muiñeiras existentes en Galicia (a muiñeira Ribeirana é de ritmo moi lento), segunfo a súa zona o comarca. Estas pezas son recollidas por  agrupacións  no mesmo pobo que leva o seu nome, así como o canto e ritmo da pandereita (instrumento que acompaña as voces).
 
                MUIÑEIRA DE VILARIÑO
 
                                   Unha vella nunha fonte                     
                                                Por unha verza bebía                                     
                                               A verza estaba rachada                                
                                                Toda a auga lle vertía                                    
                                                                                    Ai e le lo ai e le lo                                                                             
                                                                    Ai e le lo ai e le lo                                                             
        Ai e le lo ai e la la.
 
As mozas de Vilariño
Todas xuntas nun montón
Unhas cantan outras bailan
Outras andan ó castrón
Ai e le lo ai e le lo
Ai......
 
  CANTOS DE SEITURA
- CANTO DE SEITURA
Ata  tempos ben próximos ós nosos, cantos oficios debían percorrer longos traxectos a pé ou en cabalerías arrieiros, pastores, cargadores de sal...- ou os que conlevaban un traballo pesado e monótono tiñan as súas cancións especiais, para andar ou traballar. En moitas ocasións as cancións ían destinadas a marcar o ritmo, para que o esforzo resultase máis regulado, ou noutros casos facer o traballo máis levadeiro.
 
CANTO DE SEITURA DE CADÓS
 
Hei d´ir a túa seitura,
Hei d´ir a túa segada
Hei d´ir a túa seitura,
Que a miña vai ch´acabada
Ai la la la ai la la la
  CANTOS DE CEGOS
- CANTAR DE CEGO
Son os que cantan os cegos en festas e romarías cos seus lazarillos, acompañados pola zanfona ou un violín. Acostuman a axustarse ó momento, ó lugar, á ocasión e a finalidade que o motiva. Crítica social, enfrontamentos dos sexos, casamentos ridículos, sucesos tráxicos, verdadeiros ou imaxinados, vidas de santos, sinais do fin do mundo e romances tradicionais, algúns deles moi espallados, como Xerineldo, O Conde Alberto, Rufiniña, etc.
 
ROMANCE DO CURA E A CRIADA
 
Y  a la media noche,
 Llamó la criada,
Chiribí, chiribaina,
 Llamó la criada.
¿Qué tiene, mi amo,
que tanto me llama?
Me hace el chuculate,
Tráimelo a la cama
Chiribí, chiribaina....
  CANTOS DE BERCE
- CANTAR DE BERCE
Canción de cuna que ten xeralmente unha música monótona axeitada para dormir ós nenos. O arrolo require berce e o arroró cántase co neno en brazos, facendo ó tempo un lixeiro vaivén coa parte superior do corpo.

CANTIGA DE BERCE
 
Se queres que brile a lúa
Pecha os ollos meu amor
Que mentres os tes abertos
A lúa pensa que hai sol.
 
Nin pola prata da lúa
Nin polo ouro do sol
Non te deixo meu meniño
Non te deixo meu amor.
  CANTOS DE TRABALLO
 - OUTROS CANTOS POPULARES
    Polo mes de Nadal  comezan a ter lugar os fiadeiros, nos que as mulleres fían o liño e a lá cada unha co seu fuso e a súa roca, mentres esperan a chegada dos mozos que comezan a cantar, entoando cantigas que son contestadas polas mozas, comenzando así un desafío ou un cortexo. Mozos e mozas cantan, bailan, falan e brincan ata o remate da festa. Nos fiadeiros nacen outras dúas produccións populares: os cortexos e os parrafeos.
     Os cortexos non teñen o carácter  agresivo dos desafíos, senón que son amorosos. Os cortexos fanse entre un mozo  e unha moza, axudado cada  un deles polo seu correspondente coro. Os parrafeos danse entre as mozas soas, entre mozos ou entre uns e outros e teñen carácter festivo.
 
A mociña fía,
As estrigas blancas
Fía noite e día.
 
Fía liño de ouro
Ou fía a esperanza
Dun meniño louro.
 
Lenzos de noivado
Amor non espera
Fía noite e día
E non da fiado.A veliña fía
As estrigas brancas,
Fía noite e día.
 
Fía por deleve
Seu cabelo branco
¿Ou só fía neve?